Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 15 de xuño

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.40 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, visita o quiosco da ONCE sito na praza de Cervantes, con motivo da volta dos vendedores e vendedoras á actividade laboral. Asiste tamén o director da axencia da ONCE en Santiago, José Antonio Riveiro Canosa.

13.00 h
Na praza de Abastos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita o punto de información municipal sobre o Ingreso Mínimo Vital.

Compartir: