Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 16 de setembro

10.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala circular), ROLDA DE PRENSA de presentación da temporada de concertos 2020-2021 da Real Filharmonía de Galicia (RFG). Asisten:
- Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade
- Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural
- Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago
- Sabela García Fonte, directora técnica da RFG
- Xaquín López, director-xerente do Auditorio de Galicia
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Marta Lois sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

19.30 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "Mirar o son. Notación gráfica na música contemporánea".

Compartir: