Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 3 de xuño

12.00 h
Na Casa do Concello (Salón de Plenos), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese cos representantes das asociacións de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede e Fundación Santiago Centro.

12.00 h
A concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa na reunión telemática do Consello de Dirección de Compostela Rupestre.

18.00 h
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, asiste á xornada telemática "Cara a onde vai o noso urbanismo", organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Compartir: