Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 4 de setembro

10.45 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o embaixador británico, Simon Manley. SÓ GRÁFICOS. Declaracións ás 11.15 h.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
No comedor do Pazo de Fonseca (Biblioteca Xeral – entrada polo xardín), ROLDA DE PRENSA de presentación do I Maxistral Cidade de Compostela de Xadrez. Asisten:
Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela.
Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
José Manuel López, director comercial de Caixa Rural de Galicia.
Gaspar Pérez, presidente da Federación Galega de Xadrez.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar "Commedia. Un xoguete para Goldoni", espectáculo que teremos no Teatro Principal de mércores a sábado. Na rolda participan tamén Cándido Pazó, director; Fernando Reyes, director musical; o actor Víctor Mosqueira e a actriz Nuria Sanz.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e de Leodán Rodríguez, Xiana Vilas e Isabel Sánchez para presentar a terceira edición do festival herDanza, que se celebra esta semana en Compostela.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: