Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 24 de setembro

10.30 h
A voceira municipal do BNG, Goretti Sanmartín, e a deputada Olalla Rodil fan declaracións diante da Catedral de Santiago de Compostela.

11.00 h
Na praza de Cervantes, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, e da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, para presentar a segunda edición do Festival Rosalía, que terá lugar o día 29 de setembro na praza de Cervantes.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con membros da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, AELGA. Declaracións ao remate.

19.30 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, charla-debate "A mobilidade desde a perspectiva feminista. A experiencia de Iruña", con Alexia Canto, dentro da Semana Europea da Mobilidade.

Compartir: