Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 14 de setembro

9.30 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración do I Congreso Internacional Noroeste de Altas Capacidades.

11.30 h
Na Fundación Granell, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, inaugura a exposición "Vexo ao meu xeito", organizada pola fundación Tiresias Galicia.

12.00, 18.00 e 20.00 h
Visitas guiadas ao Psiquiátrico de Conxo, Cemiterio de Boisaca e Pazo de Ramirás-Colexio dos Irlandeses, dentro da Semana do Patrimonio Invisible.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

19.00 h
Na Praza de Europa en Área Central (nas Fontiñas), concerto da Real Filharmonía de Galicia, dentro da RFG na Cidade. Dirixidos por Jan Wierzba, interpretan obras de Mozart, Elgar, Bartok e Mendelssohn.

19.30 h
No Centro Cívico de Vista Alegre-Romaño, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e os concelleiros e concelleiras do Goberno municipal participan nun novo Encontro Ao Vivo coa veciñanza do Romaño e Vista Alegre.

Compartir: