Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 18 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e da concelleira de Políticas de Igualdade, Noa Díaz, para presentar tres accións dentro do programa de Festas do Apóstolo.

13.15 h
No Salón Nobre, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a delegación compostelá que participou na XIII edición dos Xogos do Eixo Atlántico.

18.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, para presentar o proxecto de orzamentos de 2019

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación Plataforma Vítimas Alvia 04155.

20.00 h
Na praza das Praterías, "Do pasodobre ao breakdance", concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño.

Compartir: