Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 24 de xaneiro

FITUR
10.00 h
No Stand de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación de Turismo de Santiago: "Santiago dos bos amores" e do cine.
16.30 h
No Stand de Galicia, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á presentación da Semana Santa de Santiago como Festa de Interese Turístico de Galicia.

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, "De tradición…", concerto didáctico da Banda Municipal de Música narrado por Suso Vaamonde.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o Campionato de España Sub 16 e Sub 18 de Rugby. Na rolda estará Javier Fernández, secretario da Federación Galega de Rugby; Diego Pagnotta, delegado da Selección Galega Sub18 e vicepresidente da Asociación Valentes - Club Deportivo Lobos; Nacho Pagnotta, xogador Sub18 da Selección Galega; e Sergio Pérez, xogador Sub16 da Selección Galega.

19.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao alumnado de intercambio co Instituto Xelmírez que participa nas I Xornadas sobre bullying e ciberbullying,

20.30 h
No Auditorio Abanca, "Clasiquísimo", concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono RFG-Auditorio de Galicia. Con Enrico Onofri, director e violín.

20.30 h
No Teatro Principal, Teatro do Noroeste presenta "Da avaricia, a luxuria e a morte", de Valle Inclán, dirixida por Eduardo Alonso. Dentro da programación de Compostela Cultura Escénicas.

Compartir: