Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 9 de novembro

10.00 h
En Lizarra, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na Asemblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, "O Crebanoces" de Chaikovski, concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia e a compañía de monicreques Per Poc.

11.00 h
No Centro Xove da Almáciga, as concelleiras de Igualdade e de Mocidade, Marta Lois e Noa Morales, visitan a exposición de banda deseñada creada por María Álvarez "Yupiyeyo".

11.40 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta María Rozas para presentar a moción para amosar o rexeitamento á decisión do Tribunal Supremo de deixar sen efecto a sentenza sobre o imposto das hipotecas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da primeira tenenta de alcalde, María Rozas, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Festival da Requinta da Ulla organizado pola AC O Galo e no que participan A Requinta de Xián, Luz do Licinio, Raiola, Raeira e o cantautor Manuele de Felisa.

COMPOSTELA ILUSTRADA
10.00 – 12.00 h
Javier Mariscal debuxa dende o Pazo de Raxoi.
Maru Godas debuxa na Colexiata de Santa María a Real do Sar e as Brañas.
Miguelanxo Prado debuxa no Pazo de San Lourenzo.
Urumo debuxa no Parque de San Domingos de Bonaval.
Carlos Silvar debuxa no Museo de Historia Natural.
Juan Linares debuxa na Finca do Espiño.
Ana Luisa Frazao debuxa no Parque da Música.

13.00 h
Visita guiada á exposición "O Camiño de Santiago debuxado", de Joaquín González Dorao. Museo das Peregrinacións.

16.00 – 19.20 h
Xornadas de Ilustración Urbana.

20.00 h
Presentación do libro Los Garriris de Javier Mariscal na Libraría Couceiro.

21.30 h
A Tapa Ilustrada.

Xornadas de ilustración urbana
Auditorio de Galicia
Moderador: Miguelanxo Prado
16.00 – 16.30 h
Inauguración das xornadas a cargo de: Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural de Santiago de Compostela; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña.
16.30 – 17.20 h
Conferencia de Maru Godas: Debuxar en verdes.
17.30 – 18.20 h
Conferencia de Alicia Aradilla: Un ano viaxando e pintando o mundo en acuarela.
18.30 – 19.20 h
Conferencia de Carlos Silvar: Unha ollada natural.

Obradoiros con merenda
Nanda Cabaleiro | de 16.30 a 17.30 h
Mandalas de outono: Debuxos de «círculos máxicos» con elementos dos parques composteláns e cores outonais.
Ana Moreiras | de 18.00 a 19.00 h
Pintanotas: Ilustrando a natureza coas cores que escoitamos.

Compartir: