Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 7 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar a actividade "Circuítos saudables".

11.50 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar as Xornadas técnicas sobre delitos contra a integridade sexual, organizadas dentro da campaña En negro contra as violencias. Na rolda estará a xurista María Luisa Pasín.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao alumnado de intercambio do IES Xelmírez I.

20.00 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a cerimonia de apertura da 32ª edición de Cineuropa. No acto interveñen tamén a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, e o director do festival, José Luis Losa. Tras o acto, proxectarase "La noche de 12 años", de Álvaro Brechner.

20.00 h
En San Domingos de Bonaval, a concelleira Marta Lois asiste á inauguración da exposición "Alba de Gloria".

20.00 h
Na librería Os mundos de Carlota (rúa de San Pedro), a concelleira Concha Fernández asiste ao taller "Incidencia política e terceiro sector en Galicia".

Compartir: