Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 30 de novembro

10.00 h
Na Facultade de Psicoloxía, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, asiste á inauguración do XII Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental, organizado por Fademga.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, para facer balance da municipalización do servizo da ORA e o guindastre.

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a presidenta da Fundación Vicente Ferrer, Anna Ferrer.

11.10 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para dar conta das actividades programadas con motivo do Día Mundial da Sida.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

16.30 h
No Centro Cívico das Fontiñas, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, asiste ás xornadas "Traballo digno no fogar e nos coidados: situación, perspectivas e retos para a xustiza social", organizada dentro dos actos con motivo do 25N.

20.00 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, proxección da película "Todas as mulleres que coñezo", de Xiana do Teixeiro, dentro dos actos con motivo do 25N.

20.00 h
No Colexio La Salle, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao concerto da Asociación Compostela Solidaria.

20.30 h
No Teatro Principal, Teatro do Atlántico presenta "Dúas donas que bailan", de Josep María Benet i Jornet. Con María Barcala e María Ángeles Iglesias e dirección de Xúlio Lago.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, "Espejos y Espejismos", concerto de Love of Lesbian.

Compartir: