Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 22 de novembro

10.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, para presentar o proxecto "Unha gran burla negra". Na rolda tamén estarán o coordinador e o comisario do mesmo, Jorge Liñeira e Daniel López Abel.

11.00 h
No Cersia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de celebración do 40º aniversario do 1º Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.

12.00 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a exposición "Tres anos de Compostela Ilustrada. Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe". Asisten: Gemma Sesar, comisaria da exposición; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; e Juan Conde, responsable de Exposicións do Consorcio.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

20.00 h
Na sede do Colexio Médico (San Pedro de Mezonzo, 39), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega da Medalla de Honra da Academia Médico-Cirúrxica a Elisardo García Iglesias e Juan Gestal Otero.

Compartir: