Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 20 de novembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Centros Cívicos, Concha Fernández, e de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para dar conta da cesión de material do programa ONDA ao Centro Cívico do Romaño. Na rolda tamén participará o coordinador do proxecto, Pepe Sendón.

11.00 h
No Salón de Plenos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa nun pleno infantil co alumnado de 6º de primaria do CEIP López Ferreiro, con motivo da celebración do Día da Infancia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Facultade de Dereito, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de celebración do 25 aniversario do Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA).

18.45 h
En Numax, presentación de "Santos #2. Work in progress", de Antón Corbal, dentro de Cineuropa. Coloquio ao remate.

20.15 h
No Salón Teatro, presentación de "Morir para contar", de Hernán Zin, dentro de Cineuropa. Presentación e coloquio co director, Hernán Zin; a produtora, Nerea Barros; e o xornalista Carlos Hernández.

Compartir: