Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 10 de novembro

11.00 h
Nos soportais do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, saúda a Javier Mariscal, que está a participar no III Encontro de Cadernos de Viaxes Compostela Ilustrada.

11.00 h
No Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Comunicación, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, asiste ao acto de presentación da Asociación de Xornalistas Galegas.

13.00 h
Na Alameda (paseo dos Leóns), o concelleiro Xan Duro asiste á inauguración da exposición "Celia Burgos debuxa a Alameda de Santiago", dentro do III Encontro de Cadernos de Viaxes Compostela Ilustrada.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, "O Crebanoces" de Chaikovski coa Real Filharmonía de Galicia, dentro do Descubre unha orquestra para ti, a túa. Dirixidos por Maximino Zumalave e coa compañía de monicreques Per Poc.

20.15 h
No Salón Teatro, Leon Siminiani presenta o seu filme "Apuntes para una película de atracos" dentro do festival Cineuropa. Haberá coloquio.

Compartir: