Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 29 de novembro

10.00 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o novo director da Real Filharmonía de Galicia, Baldur Brönnimann.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, María Rozas, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o V Concurso de Canto Compostela Lírica, que se celebra esta fin de semana no Auditorio de Galicia. Na rolda tamén estarán Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia; e Jesús Couceiro, presidente de Amigos da Ópera.

11.30 h
Na sede da Compañía da Garda Civil de Santiago (rúa do Doiro, 25), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación do proxecto de construción do novo acuartelamento da Garda Civil.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Educación, Rubén Prol; de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón; e de Relacións Veciñais, Gonzalo Muiños, para presentar os programas de conciliación de Nadal e Multixogo Nadal. Na rolda tamén estará o xerente do Multiúsos Fontes do Sar, Antón Antelo.

17.00 h
No salón nobre, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega dos I Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030.

18.00 h
Na avenida de Castelao (con Ulpiano Villanueva), reparto de plantas dentro da iniciativa Leva unha planta! do departamento de Parques e Xardíns da Concellería de Medio Ambiente.

20.30 h
No salón de actos da Confederación de Empresarios de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación da campaña Merca e Gaña, da Asociación Punto Compostela.

Compartir: