ALCALDÍA

O alcalde agradece a Cruz Vermella o seu "excelente traballo" de apoio ás persoas máis vulnerables na busca de emprego

31/10/2019

Cruz Vermella fixo balance ese xoves dos obxectivos alcanzados entre 2016 e 2019 nos seus proxectos de emprego no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES), que se levan a cabo co financiamento do Goberno de España e do Fondo Social Europeo. A entidade presentou os datos nunha rolda de prensa na que participou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella, José Luis Barreiro Conde; e a súa coordinadora, Rocío Ovalle.

Ler máis

TURISMO

Presentación do Grupo das 15 Cidades Patrimonio da Humanidade en Nova York

31/10/2019

"España é o quinto país que elixen os americanos cando se lles pregunta por cal é o lugar ao que queren viaxar o próximo ano, o que constitúe unha oportunidade para as Cidades Patrimonio", afirmou onte o presidente do Grupo e alcalde de Eivissa, Rafa Ruiz, tras o acto de presentación da oferta turística e cultural dos 15 destinos monumentais de España ante xornalistas e axentes de viaxes de Nova York, no marco da campaña de promoción internacional do Grupo en Estados Unidos.

Ler máis

ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL

Cineuropa ofrece na súa 33ª edición unha escolma de filmes de alta calidade que destaca pola súa mirada plural e feminina

31/10/2019

A programación da 33ª edición do festival Cineuropa recoñecerá e amosará o traballo de dúas actrices e dunha directora. Os premios deste ano estarán dedicados a María Vázquez, Emma Suárez e Rita Azevedo Gomes, das que se proxectarán tres películas que reflicten a súa carreira. O traballo destas destacadas profesionais do panorama nacional e internacional forma parte dunha programación de Cineuropa que aposta por proxectar en Santiago de Compostela unha selección de...

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS E ALCALDÍA

O Concello de Santiago ofrece un "Manual de recursos en lingua galega para actos funerarios" ás empresas do sector

30/10/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, entregaron aos responsables das funerarias Apóstol Santiago, Casablanca e Albia o Manual de recursos en lingua galega para actos funerarios. En vésperas de datas sinaladas de lembranza das persoas queridas falecidas, o Concello ofrece así ás empresas un incentivo para ofrecer os servizos funerarios en galego e para facilitar o uso correcto e normativo do idioma.

Ler máis

ALCALDÍA

O Goberno local quere tramitar en 2020 a construción dunhas 200 vivendas protexidas

30/10/2019

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, demandoulle este martes á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, a colaboración da Xunta para "retomar a política de vivenda de protección oficial e de promoción pública" en Santiago de Compostela. Concello e Administración autonómica tamén cooperarán para desenvolver o solo industrial da Sionlla.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Auditorio de Galicia acolle esta fin de semana o XIII Certame Galego de Bandas

30/10/2019

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asistiu hoxe á presentación do XIII Certame Galego de Bandas de Música, que se celebrará o 2 e o 3 de novembro no Auditorio de Galicia. Na súa intervención, Rosón lembrou "aos miles de músicos que forman parte das bandas", unha riqueza, engadiu, para o noso país.

Ler máis
Compartir: