EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música programa para o segundo trimestre do curso un novo ciclo de concertos didácticos para a cativada

31/01/2023

A Concellería de Educación do Concello de Santiago, a través da Escola Municipal de Música (EMM), pon en marcha por duodécimo ano consecutivo un novo ciclo de sesións didácticas que teñen como obxectivo promover o achegamento da música aos máis pequenos da rede de centros educativos de Compostela. Xunto a esta iniciativa programa outros eventos para o segundo trimestre do curso que presentou en rolda o concelleiro de Educación, Rubén Prol, acompañado polo director da EMM, Fernando Rey, e pola profesora...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de acondicionamento das pistas de tenis de Rodríguez de Viguri

30/01/2023

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou hoxe o proxecto de "acondicionamento das pistas deportivas da Avenida Rodríguez de Viguri", cun orzamento base de licitación de 251.785,74 euros (208.087,39 euros máis 21% IVE). 47.880,10 corresponderían á primeira fase de acondicionamento da pista 1; e 203.905,64 euros á segunda fase, de acondicionamento das pistas 2 e 3. Dos acordos adotados informou, en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Xosé Sanchez Bugallo.

Ler máis

URBANISMO

O alcalde reúnese coa veciñanza da Avenida de Pontevedra, que solicita o cambio de trazado da senda ciclista entre San Caetano e O Milladoiro

30/01/2023

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, reuniuse esta tarde coa veciñanza da Avenida de Pontevedra, que lle amosou a súa preocupación pola senda ciclista que ten proxectado a Xunta entre San Caetano e O Milladoiro; polo que piden un cambio de trazado que afecte en menor medida as súas vivendas e fincas.

Ler máis

URBANISMO

O alcalde reúnese cos propietarios das parcelas nas que se ubicará a plataforma de mercadorías, para explicarlle o proceso de expropiación e pago dos terreos

29/01/2023

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse cos veciños e veciñas afectados pola expropiacion das parcelas nas que se ubicará a futura plataforma loxística de mercadorías para explicarlle o proceso de pago das súas fincas. No encontro estivo acompañado polos concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, de Obras, Gonzalo Muíños, e pola técnica responsable da área de Urbanismo.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O CSC de Santa Marta celebrou o seu décimo aniversario

27/01/2023

O Centro Sociocultura de Santa Marta celebrou hoxe, con distintos actos, o seu décimo aniversario. É un dos centros máis novos, xunto ao de Maruxa e Coralia, da zona vella. Inaugurouse hai dez anos, coma un equipamento municipal de barrio proxectado para toda a cidade e para todas aquelas persoas que queiran formar parte dunha programación sociocultural extensa e variada.

Ler máis
Compartir: