MOBILIDADE

O Goberno inicia os trámites para a licitación do transporte público

19/03/2024

A Xunta de Goberno deu hoxe o primeiro paso de cara a próxima licitación do servizo do transporte público, coa aprobación do estudo de custos do novo contrato. O informe será agora publicado na Plataforma de Contratación e despois dun prazo de exposición de vinte días será remitido á Oficina Nacional de Evaluación. Comeza así o procedemento para que Santiago teña unha nova rede de autobuses na que se introducirán importantes melloras, como a liña lanzadeira ao aeroporto, os buses...

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O CSC Maruxa e Coralia acolle desde hoxe a exposición "Economía social no corazón da nosa historia"

19/03/2024

O Centro Sociocultural Maruxa e Coralia acolle desde hoxe a exposición "Economía Social no corazón da nosa historia", organizada pola concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, e o Foro pola Economía Social Galega para darlle visibilidade a "un modelo que, alén das grandes cifras económicas, pón o foco na situación das persoas, a calidade do emprego, o uso responsable dos recursos ou o impacto ambiental". Así o explicou a concelleira María Rozas, que...

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

A sétima edición do ‘Alguén que respira!’ pon o foco na poesía en territorio de conflito

19/03/2024

Do 21 ao 23 de marzo, o festival converte Compostela na cerna da poesía en Galicia, cun amplo abano de actividades arredor da palabra e da música. O xornalista Alfonso Armada será o encargado de dar lectura ao manifesto que escribiu para conmemorar o Día Mundial da Poesía deste 21 de marzo. O Festival ‘Alguén que Respira! Poesía para corpo principal’ é unha iniciativa da Concellaría de Capital Cultural do Concello de Santiago, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e...

Ler máis

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

Ábrese o prazo para solicitar as axudas de taxi para persoas con dificultades de mobilidade ou con limitacións no uso do transporte colectivo

18/03/2024

A partir de mañá xa se poden solicitar as axudas individuais para uso do taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade, ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo, máis coñecidas como "bonotaxi". O orzamento, de 15.000 euros; e as bases, que hoxe publica o BOP, o Boletín Oficial da Provincia da Coruña, aprobáronse o pasado día 11 en Xunta de Goberno. O prazo de solicitude é de dez días hábiles, contados a partir do 19 de marzo.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Nos próximos días abrirase o prazo de solicitude de autorizacións para usar as hortas municipais de Campo das Hortas, Santa Marta, Belvís e Caramoniña

18/03/2024

A Xunta de Goberno local deu luz verde hoxe á apertura do prazo de solicitude das autorizacións para o uso hortícola das parcelas municipais dos parques Campo das Hortas, Santa Marta, Belvís de Arriba e de Abaixo e Caramoniña, tras confirmar a caducidade dos permisos outorgados entre 2008 e 2019. Tamén se aprobou o Plan de emerxencias ante situacións de seca para o abastecemento urbano da auga en Santiago.

Ler máis
Compartir: