ALCALDÍA

Concello e Xunta reúnense para coordinar accións en materia cultural e turística

27/05/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantiveron un encontro a través de videoconferencia para coordinar diferentes accións en materia cultural e turística que as dúas administracións están desenvolvendo na capital galega. Así, entre os asuntos abordados atópase a reapertura das oficinas de turismo de titularidade municipal e autonómica, co fin de retomar e acompañar a reactivación do turismo.

Ler máis

COMERCIO E PROMOCIÓN ECONÓMICA

Concello e Cámara facilitarán o acceso gratuíto de 200 establecementos de Compostela ao selo "Comercio de confianza"

27/05/2020

O Concello e a Cámara de Comercio de Santiago facilitarán que 200 establecementos comerciais da cidade poidan acceder ao selo "Comercio de confianza", impulsado pola Cámara de Comercio de España e a Secretaría de Estado de Comercio. En virtude desta colaboración, o Concello sufragará á Cámara o custo dos selos (57 euros + IVE) para os 200 primeiros comercios que soliciten e obteñan este selo.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O despacho de billetes do Teatro Principal inicia o proceso de devolución de entradas para espectáculos adiados ou cancelados polo cese de actividades

26/05/2020

O despacho de billetes do Teatro Principal reabrirá mañá, mércores 27 de maio de 2020, para comezar a tramitar as devolucións das entradas dos espectáculos adiados ou cancelados polo cese de actividades. Até o 20 de xuño, as persoas que mercaran as súas entradas de forma presencial na billeteira poderán solicitar a devolución do seu importe. O horario de atención será de martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 h.

Ler máis

IGUALDADE

Aberta a convocatoria da edición 2020 do Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres

26/05/2020

Xa está aberta a convocatoria da edición 2020 do Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres, organizado pola Concellaría de Políticas de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela. Os traballos gañadores en cada unha das dúas modalidades en que se divide o premio percibirán 2.500 euros. O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de decembro.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O alcalde participará o xoves nun webinar informativo sobre o Plan Marco de Reactivación Económica

26/05/2020

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza un webinar informativo sobre o Plan Marco de Reactivación Económica do Concello de Santiago, no marco das actividades de colaboración conveniadas co Concello de Santiago e co obxectivo de mellorar o coñecemento das liñas municipais de axudas postas en marcha a raíz da crise do COVID-19. A cita é este xoves, ás 11:00 horas, e contará coa presenza do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.

Ler máis

MEDIO RURAL

Medio Rural abre o procedemento de adxudicación de cinco obras no rural por algo máis dun millón de euros

26/05/2020

O concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, deu conta este martes de cinco obras previstas na zona rural cuxo procedemento de adxudicación se acaba de aprobar, e ás que se destinarán 1.030.773,18 euros euros (IVE incluído). Onte, en Xunta de Goberno, deuse luz verde aos cinco expedientes, ao gasto correspondente e á apertura dos distintos procedementos de adxudicación dos traballos incluídos no POS, o Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.

Ler máis

PARQUES E XARDÍNS

Sen quendas e horarios nas hortas municipais dende este mércores

26/05/2020

Dende mañá mércores, 27 de maio, queda suprimido os sistema de restricións e quendas nas horas municipais, permitíndose o acceso libre a todos/as os/as adxudicatarios/as de uso das parcelas. Así o anuncia do Departamento de Parques e Xardíns, dende o que se lembra que, á marxe das novas posibilidades de acceso, segue vixente o estado de alarma e deben manterse as condicións de seguridade, protección e distanciamento social para desenvolver as actividades hortícolas.

Ler máis
Compartir: