FESTAS

Compostela viviu o día grande da Ascensión

10/05/2018

A XVII edición da Feira Cabalar en Amio, a comparsa de cabezudos, a sesión vermú de Cachas & Cousins na praza de Cervantes, as actuacións de Folk na Rúa na zona vella, os concertos de OqueStrada e Caxade na praza da Quintana, a verbena da Orquestra Passarela na Alameda e a actuación de Susana Martínez no escenario Compostela é! Música do Toural marcaron o itinerario festivo deste xoves, día grande das festas da Ascensión.

Ler máis

FESTAS

O concerto da Banda Municipal coa Real Filharmonía de Galicia, cita central deste venres nas festas da Ascensión

10/05/2018

Aínda quedan convites para asistir de balde a este singular evento no que a Banda Municipal de Música de Santiago e a Real Filharmonía de Galicia compartirán escenario por primeira vez. O motivo deste encontro musical é a celebración do 170 aniversario da fomación dirixida por Casiano Mouriño, que dende 1848 vén desenvolvendo un papel central na vida cultural de Santiago de Compostela, con actuacións nas principais festas e en multitude de eventos municipais. O concerto será este venres 11 de maio, ás 20:30...

Ler máis
Compartir: