XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local acorda a aprobación inicial da modificación puntual do Plan Parcial do SUP-1, nos quinteiros 1 e 2 de Romero Donallo

07/12/2021

A Xunta de Goberno Local acordou hoxe a aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial do SUP-1 (Romero Donallo) nos quinteiros 1 e 2, que supón unha reordenación dos volumes neses dous ámbitos. Tamén deu luz verde á licitación das obras de mellora da instalación de climatización e renovación do aire do Centro Sociocultural de Santa Marta; e aprobou definitivamente a subvención de 115.573,86 euros solicitada pola Comunidade de propietarios Vila de Rianxo, 6; na ARI de Vista Alegre.

Ler máis
Compartir: