POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Desvélanse as regueifas gañadoras na IV edición do certame "Enreguéifate"

23/06/2020

Xa se coñecen as regueifas gañadoras da IV edición do certame Enreguéifate, un proxecto organizado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. As 11 regueifas gañadoras foron seleccionadas entre os 27 vídeos presentados a concurso, 16 na categoría escolar e 11 na xeral.

Ler máis

IGUALDADE

Compostela Diversa mostra con diversas accións o compromiso da cidade coa realidade LGTBI

23/06/2020

Compostela Diversa retoma a súa andaina neste ano 2020 para facer de Santiago un referente da diversidade sexual e de xénero en Galicia, apostando por accións globais e inclusivas que axuden a avanzar na consecución dos dereitos, a visibilidade e a normalización da vida de todo o colectivo. Con motivo da celebración este domingo 28 do Día Internacional do Orgullo LGTBI, preparáronse varias accións, que foron presentada este martes pola concelleira de Igualdade, Noa Díaz.

Ler máis

FESTAS E MOBILIDADE

Peonalización de varias rúas do Ensanche para facilitar a participación en "Prima20", a festa do comercio local

23/06/2020

Xa está todo listo para o inicio de Prima20, a festa do comercio local, que se desenvolverá dende o xoves 25 ao domingo 28 de xuño. E para facilitar que toda veciñanza poida participar da saída á rúa do comercio e das actividades previstas, a peonalización de varías rúas do Ensanche da fin de semana estenderase tamén ás tardes do xoves e do venres, a partir das 18:00 horas.

Ler máis

MOCIDADE

A concelleira de Mocidade visita as obras do Centro Xove da Almáciga

23/06/2020

A concelleira de Mocidade, Noa Díaz, visitou este martes as obras que se están levando a cabo no Centro Xove da Almáciga e nos locais anexos. Estes traballos contan cun investimento de 34.000 euros e prevese que estean rematados a finais deste verán, coincidindo coa presentación da nova programación, na que se reforzarán as actividades online.

Ler máis

PERSOAL

A mesa xeral de negociación abordou o acordo de funcionarización e as liñas de actuación en materia de recursos humanos

23/06/2020

A concelleira de Economía, Facenda, Persoal e Modernización da Administración Local, Marta Abal, presidiu hoxe a primeira mesa xeral de negociación unha vez superado o Estado de Alarma. Entre os asuntos tratados, figuraron a oferta de emprego público do ano 2020, o borrador sobre o acordo de funcionarización do persoal laboral fixo e as liñas de actuación en materia de recursos humanos que ten previsto desenvolver o equipo de goberno no período comprendido entre os exercicios 2020 e 2022.

Ler máis
Compartir: