CONSORCIO

Actívase o primeiro plan de despregamento de fibra en todo o casco histórico grazas á colaboración entre Concello e Xunta

16/06/2020

A fibra óptica chegará á rúa do Franco este verán e á totalidade do conxunto histórico compostelán nun prazo estimado de sete meses. Esta é previsión do plan de despregamento que o director territorial de Relacións Institucionais do operador Orange, Óscar Aragón, presentou hoxe ao alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; á directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira; e á directora xeral de Patrimonio da...

Ler máis

TURISMO E PROMOCIÓN ECONÓMICA

O sector hostaleiro de Compostela pode solicitar axudas para a mellora e a innovación ata o 14 de xullo

16/06/2020

A partir de hoxe e ata o 14 de xullo, queda aberto o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de axudas para a mellora e innovación da restauración e a hospedaxe compostelá. O Concello de Santiago, a través da Concellaría de Turismo, destina a estas subvencións 100.000 euros, ampliables noutros 300.000 en función da demanda. O obxectivo destas axudas é fomentar a innovación na restauración e hospedaxe de Santiago, como ferramenta fundamental para incrementar a súa competitividade empresarial e...

Ler máis
Compartir: