XGL

A Xunta de Goberno local aproba conceder a licenza para executar a primeira fase do plan de despregue da fibra óptica

13/10/2020

A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, acordou, entre outros asuntos, conceder a licenza para executar o "Plan de despregue da rede FTTH Orange/Jazztel na cidade histórica de Santiago de Compostela Fase 1: rúa do Franco e rúa do Vilar, 34/84". Os traballos levaraos a cabo a empresa "Oranxe España Comunicaciones Fijas S.L.", e contará cun orzamento de execución material de 39.946,95 euros. Dos temas tratados na reunión do executivo municipal informou, en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez...

Ler máis

COVID19

O alcalde sinala que a pesar do nivel vermello de Santiago, non se dan os criterios para o confinamento da cidade

13/10/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala que Compostela, a pesar de pasar a nivel vermello, non se atopa no "escenario" de que se decrete o seu confinamento perimetral. Está "moi lonxe", argumenta, dos criterios determinados polo Ministerio de Sanidade e refrendado polas Comunidades Autónomas, tanto en casos, 500 por cen mil habitantes; como en ocupación da UCI, dun 35%, e porcentaxe de positivos nas probas PCR realizadas. Engade que os datos non avalarían ese tipo de medidas, aínda que, afirma, o goberno...

Ler máis

TURISMO

Sindo Guinarte confirma, despois da Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio, que Santiago segue a ser un dos destinos máis demandados

13/10/2020

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participou hoxe, vía telemática, na Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. No encontro presentaronse os resultados do terceiro observatorio turístico do GCPHE, no que se constata, sinalou Guinarte que Compostela "segue a ser un dos destinos máis demandados".

Ler máis
Compartir: