ALCALDÍA

O Concello de Santiago anima a cidadanía a participar na III Festa do Banquete

01/04/2022

Tras dous anos de parón motivado pola pandemia, volve a Festa do Banquete á Carballeira de Conxo o 20, 21 e 22 de maio. O Concello de Santiago e a Comisión creada ao efecto está preparando un amplo programa de actividades para esa fin de semana e chaman á participación de toda a veciñanza nas distintas modalidades posibles. O programa completo darase a coñecer en vindeiras datas.

Ler máis
Compartir: