DEPORTES

Máis puntos de venda de entradas para o I Freestyle de Santiago de Compostela

27/03/2012

Séguense incorporando novos puntos de venda de entradas para o I Freestyle Speed Style de Santiago de Compostela, que se celebrará no Monte do Gozo o 17 de maio. Na cidade, os billetes poden obterse no quiosco da praza de Galicia, no estadio de San Lázaro e a través do Autos Lobelle de Santiago F.S, que colabora activamente neste evento.

Ler máis

CULTURA

Nove concertos no variado programa musical da Semana Santa 2012

27/03/2012

O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron o programa musical Semana Santa 2012, que engloba nove concertos que se celebrarán na igrexa da Universidade, agás un que será no Auditorio de Galicia. O programa de concertos, que se celebra do 4 ao 8 de abril, presenta unha ampla variedade musical, indo dende a época medieval ata o Barroco, con algunha incursión no Romanticismo e no século XX. Todos os músicos teñen vinculación...

Ler máis

CULTURA

Mark Lanegan presenta en Galicia "Blues funeral" dentro do Compostela Rock

27/03/2012

En 2010, toda unha lenda do rock como Mark Lanegan pisaba por primeira vez Galicia para participar no ciclo Xacobeo Importa. Tras aquel espectacular show en acústico, en 2012 o señor Lanegan publica novo disco, Blues funeral, o seu primeiro traballo en oito anos tras Bublegum (2004), e prepara unha xira europea que pasará polas principais capitais e que o traerá de novo a Galicia, nesta ocasión dentro do ciclo Compostela Rock. Á cita, que promete ofrecer unha noite memorable, vén acompañado de toda a súa banda.

Ler máis
Compartir: