PERSOAL

O Concello sube o soldo un 1% ao persoal municipal

27/07/2017

O Concello de Santiago vén de aprobar unha suba salarial a todo o persoal municipal do 1% unha vez que entraron en vigor os orzamentos xerais do Estado, que recollen este incremento na retribución do funcionariado público.

Ler máis

MANTEMENTO E OBRAS

Novo pulo ás obras de mantemento da rede viaria

27/07/2017

O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Reequilibrio Territorial deu conta hoxe do inicio dun novo paquete de actuacións na rede viaria de Santiago, tanto no ámbito urbano como no rural. Trátase de obras que, ou ben están incluídas no gran contrato de mantemento do Concello, ou ben son financiadas a través dos diferentes plans da Deputación da Coruña.

Ler máis

FESTAS

O espectáculo "Chané na Habana" chega a Santiago

27/07/2017

Un grande espectáculo musical galego-cubano recordará o compositor José Castro González "Chané", no centenario do seu pasamento. O Alejandro Vargas Consort e a Camerata Egeria súmanse á voz de Rosa Cedrón para ofrecer unha revisión das obras deste compositor compostelán de fonda pegada na historia da música galega.

Ler máis
Compartir: