FESTAS E DEPORTE

As festas do Apóstolo tamén recordan o xornalista deportivo Antonio Bermúdez

17/07/2017

O Estadio de San Lázaro acollerá o próximo 25 de xullo un partido en memoria do xornalista deportivo Antonio Bermúdez, que enfrontará á S.D. Compostela e ao C.D. Lugo. O encontro foi presentado hoxe en rolda de prensa polo alcalde, Martiño Noriega; o presidente do Compostela, Antonio Quinteiro; o director de Relacións Institucionais do club, Ramón Castro, e o fillo do homenaxeado, o tamén xornalista deportivo Toño Bermúdez.

Ler máis

FESTAS

Música galega e irlandesa e actividades infantís na VI edición do Certame Folk

17/07/2017

O Certame Folk das festas do Apóstolo celebrará o próximo sábado 22 a súa VI edición, grazas á colaboración entre o Concello e La Voz de Galicia. O segundo tenente de alcalde, Jorge Duarte, foi hoxe o encargado de presentar esta cita, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo delegado territorial do xornal en Santiago, Ignacio Carballo, e por un dos integrantes do grupo Milladoiro, Pepe Ferreirós.

Ler máis
Compartir: