POLÍTICAS SOCIAIS

Cea-gala solidaria para recadar fondos destinados á loita contra o cancro

06/06/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou hoxe a cea-gala solidaria que a Asociación Española contra o Cancro celebrará o próximo venres. Foi nunha rolda de prensa na que participaron o vicepresidente da Xunta Local da Asociación, Antonio Guerrero, e o coordinador da entidade en Santiago, Jose Nande.

Ler máis

MEDIO RURAL

O Goberno destinará ao rural a totalidade das achegas provinciais do Plan POS + 2017

06/06/2017

O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial presentou este martes os proxectos que o Goberno local incluíu no Plan POS + 2017 da Deputación da Coruña. Rafael Peña explicou que o Executivo "cumprirá o seu compromiso de destinar a totalidade destes fondos á zona rural, de xeito que as parroquias de Compostela recibirán ao longo deste ano os investimentos máis altos dos últimos anos". A Santiago correspóndenlle case 1,7 millóns de euros do Plan POS +, dos que case medio millón de euros...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Mañá celébrase o Día de Ferrol na SELIC

06/06/2017

Este mércores celebrarase o Día de Ferrol na Semana do Libro de Compostela, cunha actividade na que participarán os alcaldes das dúas cidades e que arrancará ás 20:30 horas na praza da Quintana.

Ler máis

PLENO

O Pleno rexeita a proposta do PP para fixar as accións estratéxicas do Goberno

06/06/2017

A Corporación municipal celebrou esta tarde un pleno extraordinario solicitado polo Partido Popular para propoñer as accións estratéxicas a desenvolver polo Goberno municipal no que resta de mandato. A proposta foi rexeitada, cos votos en contra de Compostela Aberta e a abstención de PSOE e BNG. Tanto o grupo de Goberno como socialistas e nacionalistas coincidiron en que "é quen goberna quen ten que fixar as súas liñas estratéxicas".

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Persoas internas do Centro Penitenciario de Segovia explican a súa experiencia de reinserción a escolares do IES Rosalía de Castro

06/06/2017

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu á charla que un grupo de persoas internas do Centro Penitenciario de Segovia ofreceu no IES Rosalía de Castro. Estes reclusos e reclusas están en Compostela tras realizar o Camiño de Santiago como parte do seu plan de reinserción. Na xornada de onte foran recibidos polo alcalde, Martiño Noriega.

Ler máis
Compartir: