ALCALDÍA

Catro axentes da Policía Local incorporaranse na primavera ao VioGén

19/12/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, presidiron a Xunta Local de Seguridade, reunida no Pazo de Raxoi. Ademais de analizar os datos da evolución dos delitos no que vai de ano e de perfilar o dispositivo de seguridade para os actos protocolarios e festivos dos vindeiros días, na xuntanza abordouse a incorporación da Policía Local ao Sistema VioGén (Sistema de Seguimento Integral nos Casos de Violencia de Xénero).

Ler máis

FESTAS

Bad Religion tocará no Multiúsos Fontes do Sar o vindeiro 30 de maio

19/12/2019

A xira do 40 aniversario de Bad Religion terá parada en Santiago de Compostela. Será nun concerto que se celebrará o sábado 30 de maio no Multiúsos Fontes do Sar. As entradas poranse á venda mañá venres ás 11:00 horas, a través da web badreligion.resurrectionfest.es, cunha oferta de lanzamento especial de 1.000 entradas a 39 euros + gastos. O resto de entradas custarán 44 euros + gastos.

Ler máis

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Encontro co activista Alfredo Okenve, Premio franco-alemán de Dereitos Humanos

19/12/2019

O concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, recibiu a Alfredo Okenve, Premio franco-alemán de Dereitos Humanos e Estado de Dereito no ano 2018. No acto tamén participaron a primeira tenente de alcalde, Mercedes Rosón; o edil popular José Antonio Constenla; a concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra e a voceira do BNG, Goretti Sanmartín.

Ler máis

TURISMO

Case nove mil persoas visitaron xa o belén tradicional de San Fiz

19/12/2019

Nas primeiras dúas semanas de apertura, o belén tradicional da igrexa de San Fiz de Solovio rexistrou a visita de 8.985 persoas, cunha media de 691 por día. Os picos de asistencia ocorreron durante a Ponte da Constitución, cando en só tres días acudiron ao templo compostelán 4.030 persoas.

Ler máis

PLENO

Ratificada polo Pleno a suspensión cautelar do procedemento de autorización de novos usos de aloxamento temporal

19/12/2019

O Pleno da Corporación aprobou este xoves a suspensión cautelar do procedemento de autorización de usos de aloxamento temporal. Esta medida cautelar adóptase mentres se tramita unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para regular esta materia. A suspensión saíu adiante cos votos favorables de PSdeG-PSOE, Compostela Aberta e BNG e coa abstención do PP.

Ler máis
Compartir: