FESTAS

Preto de 500 persoas farán posible unha Cabalgata de Reis chea de sorpresas

17/12/2019

"Agasallando ilusións" é o lema escollido para unha nova edición da Cabalgata de Reis, que encherá de fantasía, personaxes de conto e moitas sorpresas a tarde do 5 de xaneiro. Preto de 500 persoas e 26 agrupacións artísticas participarán nun desfile dinámico e participativo que partirá como cada ano da estación de ferrocarril ás 17:30 horas. Repartiranse 1.400 quilos de caramelos sen glute.

Ler máis

ALCALDÍA

Un protocolo fixará en xaneiro a solución aos temas pendentes entre Concello e Universidade de Santiago

17/12/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo este martes unha xuntanza co reitor, Antonio López, na que tamén participaron o concelleiro de Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte, e o xerente da USC, Xabier Ferreira. Da xuntanza, continuadora da comisión de coordinación Concello-USC posta en marcha hai uns meses, saíu a decisión de asinar un protocolo no mes de xaneiro no que se resolverán os temas pendentes entre ambas institucións en materia de regularización patrimonial,...

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo recibiu a promotores da Peregrinación Europea de Xuventude

17/12/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, reuníronse cos responsables da organización da Peregrinación Europea da Xuventude. Participaron Raúl Tinajero, encargado da Pastoral da Xuventude na Conferencia Episcopal Española, e Javier García, delegado diocesano da Xuventude.

Ler máis

TURISMO

"Manitas crocantes" (Casa dos Xacobes) e "Criollo marino" (O Ferro), gañadoras do XII Santiago(é)Tapas

17/12/2019

O salón de actos do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolleu a gala de entrega de premios do XII Santiago(é)Tapas e do I Santiago(é)Cóctel. O acto foi conducido polo actor Federico Pérez, perante dunha nutrida representación da hostalaría compostelá. Tamén asistiron o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; e outros membros da Corporación municipal, así como a presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, e...

Ler máis
Compartir: