ALCALDÍA

O alcalde apela á colaboración institucional no 25 aniversario da Declaración do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade

11/12/2018

O alcalde, Martiño Noriega, fixo hoxe un chamamento a "seguir a liña marcada no Xacobeo do 93, no que a colaboración institucional e o esforzo conxunto das administracións conseguiron relanzar o fenómeno xacobeo e poñer en valor o Camiño de Santiago". Foi durante o acto de conmemoración do 25 aniversario da Declaración do Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO, celebrado hoxe no Centro Galego de Arte Contemporánea. O alcalde reivindicou a importancia deste...

Ler máis

FACENDA

Presentado o borrador dos orzamentos de 2019, que ascenden a 115,2 millóns de euros e incorporan investimentos de cidade

11/12/2018

A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deu conta hoxe do borrador de orzamentos para o vindeiro exercicio, que ascenden a 115,2 millóns de euros de orzamento consolidado (sumando os organismos autónomos Incolsa, TUSSA e o Auditorio, que xa aprobaron as súas contas) e supón "incrementar en case 10 millóns o orzamento do 2015". As contas xa foron presentadas a todos os grupos da oposición de cara a que poidan facer achegas antes de levalas a pleno.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A Mostra de Arte nos Escaparates "PaseArte" regresa ao Ensanche con obras de 60 artistas de primeira fila

11/12/2018

Ata o 5 de xaneiro, pasear polo Ensanche será como percorrer a máis grande galería de arte contemporánea do país, grazas á Mostra de Arte nos Escaparates PaseArte. Nesta segunda edición, o programa permitirá exhibir obras de 60 artistas de primeiro nivel, grazas á colaboración entre a asociación de comerciantes Santiago Centro e as galerías Nordés, Trinta, Metro, Luisa Pita e Federica no era Tonta. O Concello tamén colabora coa mostra, que irá acompañada por actividades...

Ler máis
Compartir: