FESTAS E CENTROS SOCIOCULTURAIS

En marcha un programa de Nadal cheo de actividades para todas e todos

05/12/2019

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, e a concelleira accidental de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, presentaron a programación de Nadal, que arrinca simbolicamente este mesmo xoves co acendido do alumeado de Nadal e a apertura do Mercado de Nadal. O calendario inclúe numerosas propostas para todos os públicos, con especial atención ás actividades para os/as máis pequenos/as.

Ler máis

TURISMO E FESTAS

Máis de 200 figuras integran o Belén da igrexa de San Fiz de Solovio, que pode visitarse ata o 5 de xaneiro

05/12/2019

Os concelleiros de Turismo, Sindo Guinarte, e de Festas, Gonzalo Muíños, visitaron hoxe o Belén tradicional de San Fiz de Solovio, promovido polo Concello de Santiago, e no que colaboran o Mercado de Abastos, o Colexio Maior de San Agostiño e o Arcebispado de Santiago de Compostela. Son máis de 200 figuras, cedidas por José Uzal, que tamén se encargou da montaxe. Todo o Nacemento está feito a man, con barro e lenzo pintado, e inclúe diferentes escenas de Nadal, pezas en movemento, iluminación e son, ademais de auga natural.

Ler máis

DEPORTES

USC, Xunta, Deputación e Concello traballan na renovación das pistas de atletismo universitarias

05/12/2019

A USC está a traballar conxuntamente coa Deputación da Coruña, Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Santiago na renovación das pistas de Atletismo universitarias. O obxectivo desta iniciativa é recuperar a homologación destas instalacións deportivas por parte do Comité de Xuíces da Federación Española de Atletismo, de modo que as pistas podan acoller probas oficiais cos correspondentes recoñecementos das marcas.

Ler máis

EDUCACIÓN

Tres formacións da EMM ofreceron un concerto interxeracional ás persoas participantes no programa do IV Ciclo da USC

05/12/2019

O salón de actos da Escola Municipal de Música acolleu este mércores un concerto interxeracional no marco do Programa Universitario de Maiores do IV Ciclo da USC. Esta actividade é froito do convenio de colaboración asinado en decembro de 2015 entre o Departamento de Educación do Concello e a USC para a realización de actividades no ámbito da educación non formal e de convivencia.

Ler máis
Compartir: