XUNTA DE GOBERNO

O Concello porá en marcha un centro tecnolóxico para fomentar a creación de emprego de calidade

15/06/2018

A Xunta de Goberno acordou hoxe remitir ao Ministerio de Facenda a ficha da operación para posta en marcha dun Centro de Excelencia Tecnolóxica de Emprego e Crecemento, de cara á súa inclusión no programa ReVive-Edusi Santiago. O proxecto ten un orzamento de 320.000 euros, dos que 256.000 procederían de fondos europeos FEDER e os 64.000 euros restantes serían achegados polo Concello.

Ler máis

MOCIDADE

A Concellaría de Mocidade pon en marcha o proxecto "Corta coas Desigualdades"

15/06/2018

A Concellaría de Mocidade vén de poñer en marcha o proxecto Corta coas desigualdades, que vai desenvolver en colaboración cos institutos de ensino secundario de Santiago para fomentar a reflexión do alumnado sobre as desigualdades de xénero e fomentar os comportamentos de igualdade, respecto e colaboración entre rapaces e rapazas. A actividade foi unha das seleccionadas no proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide.

Ler máis

MOBILIDADE

Tussa inicia a xestión directa da ORA e do guindastre nunha xornada con incidencias menores

15/06/2018

A primeira xornada da xestión directa dos servizos da ORA e o guindastre por parte de Tussa está a transcorrer con normalidade, e unicamente se rexistraron incidencias menores nas primeiras horas do día. O proceso de transición entre a anterior empresa concesionaria, Setex, e a empresa municipal finalizou en torno ás 6:30 horas, e ao longo da mañá fóronse resolvendo os problemas detectados en determinados parquímetros da cidade.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno destina case 600.000 euros a bolsas de comedor, material e actividades extraescolares para o próximo curso

15/06/2018

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o próximo curso. O Concello destina a estas axudas un total de 585.900 euros, a cifra máis alta da historia da convocatoria. Ás axudas poden optar o alumnado dos centros públicos e concertados do segundo ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria.

Ler máis

CENTROS CÍVICOS

Volven os "Circuítos saudables" no mes de xullo

15/06/2018

O programa Vive o Verán volve incluír neste mes de xullo unha das actividades de máis éxito, os "Circuítos saudables". Unha nova oportunidade para percorrer a pé algunhas zonas da cidade, con dificultades sinxela ou media, segundo os tramos.

Ler máis
Compartir: