XUNTA DE GOBERNO

O Goberno interpón unha demanda contra Carmen Franco para reclamar as esculturas do Mestre Mateo

27/10/2017

A Xunta de Goberno acordou hoxe interpoñer unha demanda de xuízo ordinario contra Carmen Franco y Polo para reclamar as dúas esculturas do Mestre Mateo que están en mans da familia Franco malia a seren propiedade do Concello de Santiago. O alcalde, Martiño Noriega, deu conta desta decisión, "que se adopta despois de que a herdeira do ditador non respondera ao requirimento que se lle enviou para solicitar a devolución das pezas".

Ler máis

DEPORTE

Unha campaña promoverá nos centros escolares a práctica do squash

27/10/2017

A concelleira de Mocidade e Deportes, Noa Morales, e o presidente da Federación Galega de Squash, Carlos Noya, presentaron a campaña de promoción Coñece o Squash, que se está realizando en varios centros de ensino da cidade. A campaña está dirixida a nenos e nenas de Primaria, de entre 3 e 11 anos, co obxectivo de fomentar a práctica deste deporte.

Ler máis

ALCALDÍA

Martiño Noriega demanda seguir avanzando na mellora da calidade de vida e da visibilización das persoas con dano cerebral

27/10/2017

O alcalde de Santiago participou na clausura do acto de celebración do décimo aniversario da Federación Galega de Dano Cerebral, FEGADACE. Na cerimonia, Martiño Noriega felicitou a entidade pola súa efeméride e estendeu os seus parabéns ao actual presidente, Luciano Fernández, e a José Balboa, "impulsor dos primeiros proxectos que implicaban a visibilización das persoas con dano cerebral e das súas familias". De maneira conxunta, o rexedor tamén felicitou a cada unha das cinco asociacións que...

Ler máis

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O Concello de Santiago deseña un plan de formación multidisciplinar para os postos da Praza de Abastos

27/10/2017

O Concello de Santiago, en colaboración coa Cooperativa da Praza de Abastos, ofrecerá dende o mes de novembro ata febreiro un plan de formación para os praceiros e praceiras do Mercado, no que se estudarán as posibilidades que se abren para os seus negocios en tres campos distintos: a ilustración como ferramenta de promoción, a eficiencia enerxética e o marketing dixital. As persoas interesadas poden participar gratuitamente en todas as accións formativas ou naquelas do ámbito concreto que máis lles interese.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Amal pecha a súa XV edición

27/10/2017

A Semana de Cinema Euroárabe, Amal 2017, finaliza con éxito a edición deste ano, celebrada no Teatro Principal, coa colaboración da Consellería de Cultura e o Concello de Santiago.

Ler máis

TURISMO

Santiago promociónase na feira turística máis importante de Asia

27/10/2017

Turismo de Santiago participou esta semana na ITB Asia, que se celebrou en Singapur do 25 ao 27 de outubro. A ITB Asia é a feira turística máis importante do continente e reúne aos profesionais máis destacados de países como Xapón e Corea do Sur, que son mercados estratéxicos para a cidade. Esta acción de promoción súmase á que se levou a cabo a finais de setembro, cando tamén se participou na Tourism Expo Japan 2017, a mostra de turismo máis importante de Xapón.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O actor arxentino Leonardo Sbaraglia recibirá un dos Premios Cineuropa 2017

27/10/2017

O festival Cineuropa distinguirá nesta edición a prolífica traxectoria de Leonardo Sbaraglia, un intérprete que, con máis de 50 longametraxes ás súas costas, se atopa nunha etapa de admirable madurez interpretativa. A cerimonia de entrega do Premio Cineuropa a Leonardo Sbaraglia terá lugar o martes 14 de novembro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.

Ler máis

ALCALDÍA

A veciñanza da zona norte da cidade trasládalle ao Goberno local as súas peticións nun novo encontro "Ao vivo"

27/10/2017

O grupo de Goberno mantivo esta tarde un novo encontro "Ao vivo", desta vez no Centro Sociocultural de Vite e coa veciñanza da zona Urbana Norte. Ao encontro, no que participaron preto de cen persoas, estaban convocados os veciños e veciñas dos barrios de San Roque, Basquiños, Estila, Pelamios, Almáciga, Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, Meixonfrío e Cancelas.

Ler máis
Compartir: