ALCALDÍA

Santiago acolle unhas xornadas de traballo do proxecto Smarter Together

25/10/2017

O alcalde, Martiño Noriega, inaugurou esta mañá as xornadas de traballo do proxecto europeo Smarter Together que se celebran hoxe e mañá na capital galega. No encontro, que se está a desenvolver no Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Belvís, participan representantes de Lyon, Munich e Viena, as cidades "faro" do programa; e tamén das chamadas "cidades seguidoras": Sofía, Venecia e Santiago. Ademais, ao encontro acudiron como invitados representantes do Concello de Barcelona e...

Ler máis

TURISMO

Compostela, sede este xoves do V Encontro Científico Galego de Enfermería e Fisioterapia

25/10/2017

A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a Secretaria Xeral do sindicato SATSE en Galicia, Carmen García, presentaron o V Encontro Científico Galego de Enfermería e Fisioterapia, que terá lugar este xoves 26. O evento conta cun cartel de alta cualificación investigadora. Destacan, entre outros, Ángel Carracedo e Ana Lista. Cada un ofrecerá aos asistentes unha visión ampliada das áreas nas que investigan, medicina e fisioterapia, respectivamente.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O CSC das Fontiñas exhibe a exposición fotográfica "Nicaragua. O Futuro"

25/10/2017

A exposición Nicaragua.O Futuro’ amósase ata o vindeiro 31 de outubro no Centro Sociocultural das Fontiñas, onde ademais este venres 27, ás 18:30 horas, se proxectará o documental Dreaming Nicaragua. Promover a interculturalidade e actitudes de respecto cara a poboación migrante é o principal obxectivo destas actividades, que o Concello de Santiago de Compostela recibe como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a través do cal ten cooperado co país.

Ler máis

EDUCACIÓN E MOCIDADE

Talleres variados, cine de terror e contacontos para celebrar o Samaín

25/10/2017

A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou este mércores as actividades para celebrar o Samaín en Santiago, organizadas polas concellarías de Educación e de Mocidade. Entre as propostas figuran proxeccións de cinema, talleres de maquillaxe e fantasía ou de tallado de cabazas e contacontos.

Ler máis

ALCALDÍA

A veciñanza da zona Urbana Norte está convidada este venres a un novo encontro "Ao vivo" co Goberno local

25/10/2017

O alcalde e os concelleiros e concelleiras do Goberno manterán o próximo venres un novo encontro "Ao vivo" coa cidadanía. Será ás 19:30 horas no Centro Sociocultural José Saramago de Vite, e á xuntanza están chamados os veciños e veciñas de San Roque, Basquiños, Estila, Almáciga, Pelamios, Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, Meixonfrío e Cancelas. Nesta área Urbana Norte de Compostela residen unhas 18.000 persoas.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Amal proxecta este xoves o documental "Letters from Baghdad" e a película "Wajib"

25/10/2017

A Semana de Cinema Euroárabe, Amal 2017, programou para este xoves a estrea en España do documental ?Letters from Baghdad?, unha produción británica de 2016 dirixida por Sabine Krayenbühl e Zeba Oelbaum, que se poderá ver no Teatro Principal ás 20:00 horas (2 euros). É un filme de ton artístico que narra a vida de Gertude Bell, unha das mulleres máis influentes no Imperio Británico que foi ignorada e pouco recoñecida pola historia.

Ler máis
Compartir: