IGUALDADE

O manifesto municipal do 25N destaca o agravamento das desigualdades de xénero polas consecuencias socioeconómicas derivadas da pandemia

25/11/2020

A praza do Obradoiro acolleu esta mañá o acto principal do Concello de Santiago con motivo da celebración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A Corporación presidiu esta cerimonia, na que se leu un manifesto institucional no que se destacou, especialmente, o agravamento da situación de desigualdade a causa das consecuencias socioeconómicas derivadas da COVID19.

Ler máis

ALCALDÍA

Arrancan as obras de construción do enlace orbital, infraestrutura "imprescindible" para a mellora das comunicacións entre os polígonos empresariais do norte da cidade, a AP-9 e a A-54

25/11/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, referiuse a esta infraestrutura como "imprescindible" para mellorar as conexións viarias do norte da cidade no acto de inicio das obras, no que participou xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada. Tamén estiveron presentes os voceiros dos grupos municipais e representantes da Cámara de Comercio e da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.

Ler máis
Compartir: