IGUALDADE

Compostela en Negro volve denunciar as violencias machistas neste 25N con catro accións de concienciación, entre elas o reparto de 4.500 máscaras nas farmacias da cidade

12/11/2020

A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou as accións programadas de cara ao 25 de novembro, "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" no marco da campaña Compostela en Negro, para as que pide, un ano máis, a colaboración da cidadanía. Actividades que se desenvolverán, sinalou, "nun ano triste, gris, marcado polas consecuencias sanitarias e socioeconómicas dunha terrible pandemia que afecta a todo o planeta". Un contexto, no que, engadiu, as mulleres...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Pazo de Raxoi acolle a gravación do vídeo de presentación do libro de Suso de Toro, "Un señor elegante", que conta a historia da familia Baltar

12/11/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participaron na gravación dun vídeo, que serviu como acto de presentación no concello do libro "Un señor elegante", do escritor Suso de Toro. A obra ten como protagonista á familia Baltar, unha saga oriúnda de Padrón e veciña da cidade de Santiago.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local aproba o expediente de crédito para a utilización do remanente e dúas adxudicacións de Smartiago

12/11/2020

A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, acordou a aprobación inicial do expediente de crédito extraordinario para atender ao pagamento de sentenzas, para a realización dunha serie de investimentos no ámbito urbano e rural, e para a concesión de axudas no ámbito da cultura, do comercio e a hostalería local por un importe total de 9.501.325,45 euros, financiado na súa totalidade con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2019. Esta cantidade, pódese...

Ler máis
Compartir: