ACCIÓN CULTURAL

O Concello repartirá dez mil exemplares da publicación "Compostela nos tempos de Nós" entre a cidadanía de Santiago

11/11/2020

A concelleira de Cultura, Mercedes Rosón, acompañada da investigadora e historiadora Mercedes Vázquez Bertomeu presentou o caderno "Compostela nos tempos de Nós", editado polo Concello de Santiago. A publicación describe aquela cidade de hai cen anos, que entraba na modernidade da man da xeración Nós. Rosón describiuno como "un traballo de investigación rigoroso, cun formato divulgativo, no que destaca o deseño e o contido".

Ler máis

EMPREGO

Talentia Summit ‘20 ofrece 18.000 prazas en centos de actividades na maior feira virtual de emprego

11/11/2020

Do luns 23 ao venres 27 de novembro de 2020 celébrase a nova edición de Talentia Summit, 100% virtual e con ofertas de emprego activas, cursos de formación, certificacións oficiais e un foro de conferencias estratéxicas. O período de inscrición abrirase este sábado 14 de novembro ás 18.00 h. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo técnico municipal de Emprego, Xavier Ferreiro, presentou esta mañá en rolda o contido do foro.

Ler máis

ALCALDÍA

O grupo de expertos para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo celebra a súa primeira reunión

11/11/2020

O grupo de expertos dos ámbitos cultural, a arte e a xurisdición civil, penal e eclesiástico para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo mantivo hoxe a súa primeira reunión para comezar a estudar as últimas evidencias en torno ás figuras, defender a súa protección patrimonial e valorar accións conxuntas para a súa reintegración no patrimonio público seguindo unha folla de ruta consensuada como se fixo no caso do Pazo do Meirás.

Ler máis
Compartir: