ALCALDÍA

APERTURA DA TERCEIRA CONVOCATORIA DE AXUDAS: PLAN DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DE SANTIAGO (PRESS)

07/05/2021

O Concello de Santiago abre a terceira convocatoria de axudas destinada a paliar os efectos provocados polas medidas restritivas ditadas pola autoridade competente para frear a pandemia. Estas axudas se convocan no marco do convenio de colaboración asinado coa Deputación da Coruña para o desenvolvemento do Plan de reactivación económica e social do Concello de Santiago, cunha achega provincial dun millón de euros.

Ler máis

ALCALDÍA

Compostela, Vilagarcía e a Mancomunidade do Salnés promocionarán conxuntamente os Camiños de Santiago

07/05/2021

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a sinatura de dous protocolos de colaboración: por un lado, os alcaldes de Santiago e Vilagarcía, Xosé Sánchez Bugallo e Alberto Varela, comprometéronse á promoción turística conxunta; polo outro, Compostela e a Mancomunidade do Salnés acordaron a difusión de dúas iniciativas relacionadas co Camiño de Santiago. Por parte da Mancomunidade asinou a súa presidenta, Marta Giráldez.

Ler máis
Compartir: