ACCIÓN CULTURAL

O feminismo na tradición cristiá, a debate esta fin de semana grazas ao programa Hildegarda e a compañía A Feroz

18/12/2019

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou este mércores o programa Hildegarda, que se desenvolverá do venres ao domingo baixo o lema "As mulleres na tradición cristiá. Xornadas para un diálogo feminista". Trátase dunha iniciativa da compañía A Feroz, en representación da cal estiveron na rolda de prensa Inés Salvado e Lorena Conde.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal únese aos coros da Catedral para dous concertos especiais de Nadal

18/12/2019

A Banda Municipal de Música de Santiago súmase á programación de Nadal con dous concertos, un este sábado 21 de decembro, ás 21:00 horas, na igrexa de San Francisco, e outro o sábado 4 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. En ambos os dous concertos, a Banda estará acompañada da Escolanía e do Coro Cardeal Quiroga, da Catedral de Santiago, para interpretar un repertorio propio destas datas de Nadal.

Ler máis

BARRIOS

O Barrio Xardín celebrará a súa festa de Nadal o sábado 28 de decembro

18/12/2019

O concelleiro de Barrios, Javier Fernández, presentou este mércores a Festa de Nadal do Barrio Xardín. Inicialmente, o evento ía celebrarse este sábado 21 de decembro, pero ante as previsións meteorolóxicas, a organización decidiu aprazala ata o sábado 28, co mesmo calendario de actividades previsto. Xunto ao edil estiveron na rolda de prensa, en representación do colectivo, Lola Puerta e Guillermo Caldera.

Ler máis

DEPORTES

O Campus Vero Boquete alcanza a súa IX edición

18/12/2019

Santiago de Compostela acollerá por noveno ano consecutivo o Campus Vero Boquete, que se celebrará os días 26, 27 e 28 de decembro en instalacións municipais. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Mila Castro valora de xeito positivo a selección das catro UTEs que pasan á segunda fase do proceso de diálogo competitivo para a construción da EDAR

18/12/2019

A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, valora dun xeito positivo a selección das catro empresas que na segunda fase do proceso de diálogo competitivo para a construción da EDAR da Silvouta deberán desenvolver as súas respectivas solucións preliminares nun proxecto que cumpra cos obxectivos marcados nas bases do procedemento: calidade de vertido, eficiencia enerxética, tratamento de cheirumes e ruído, solucións arquitectónicas funcionais, fiabilidade e flexibilidade na operación.

Ler máis

FESTAS

Concertos no Nadal en Compostela co programa "Jam de Barrio"

18/12/2019

Dentro da programación de Nadal do Concello de Santiago, o programa Jam de Barrio ofrece catro concertos temáticos onde participarán oito proxectos musicais de Compostela, co ánimo de visibilizar o talento musical local, así como facer ver a forza e diversidade da escena musical da cidade e a súa comarca como territorio musical.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

"Cuarenta erros e mitos", de David Quiñones, e "Fierros, a visión máis romántica do traxe", de José Luis Rodríguez, gañan a XXV edición do Premio Antonio Fraguas

18/12/2019

O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu o acto de entrega do XXV Premio Antonio Fraguas de Investigación do Traxe Galego, presidido polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo. Nesta edición, o traballo gañador na modalidade analítica foi o titulado Cuarenta erros e mitos, de David Quiñones Vázquez, mentres que o premio na modalidade descritiva foi para Fierros, a visión máis romántica do traxe, de José Luis Rodríguez Álvarez.

Ler máis
Compartir: