ALCALDÍA

A Universidade da Coruña súmase ao desenvolvemento do proxecto Smartiago

30/08/2018

O alcalde, Martiño Noriega, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinaron hoxe o convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto de fomento da compra pública innovadora, Smartiago. Os dous salientaron a oportunidade que supón este programa para que o coñecemento xerado no Sistema Universitario Galego sexa aproveitado polas institucións públicas e polo conxunto da sociedade.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O 3 de setembro ábrese o prazo de solicitude de obradoiros nas escolas infantís municipais

30/08/2018

O luns 3 de setembro abrirase o prazo de solicitude dos obradoiros para o curso 2018-2019 nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. Estes obradoiros, dirixidos a nenos e nenas entre os 3 e os 8 anos, pretenden favorecer a conciliación familiar e laboral, ofrecendo aos nenos e nenas unha alternativa de lecer e tempo libre. Ofértanse 45 prazas, 15 por cada escola.

Ler máis
Compartir: