EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Aberta a partir do 15 de maio a inscrición nos obradoiros de verán das escolas infantís municipais de Compostela

07/05/2018

As escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños abrirán o martes 15 de maio a inscrición nunha nova edición dos seus obradoiros de verán, que se desenvolverán durante o período de vacacións escolares. Están destinados a nenos e nenas empadroados en Santiago que cursen estudos de 2º ciclo de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria, con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos.

Ler máis

CENTROS CÍVICOS

Un acto no CGAC amosa este martes o traballo realizado nun proxecto de recuperación das tradicións a través da cultura musical nas parroquias do rural

07/05/2018

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle mañá martes, a partir das 18:15 horas, un acto no que, baixo o título "Recuperando as tradicións a través da música e da arte", se proxectará un documental e se amosará o traballo realizado no marco dun proxecto de achegamento da cultural musical aos usuarios e usuarias dos centros cívicos do rural.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde recibe a José Sierra, novo presidente da Cámara de Comercio

07/05/2018

O alcalde recibiu hoxe o novo presidente da Cámara de Comercio, na que foi unha primeira toma de contacto dende que José Sierra asumiu o cargo en substitución de Jesús Asorey. Martiño Noriega reiterou o apoio do Concello á entidade cameral "porque para Santiago é importante ter unha Cámara de Comercio dinámica".

Ler máis

FESTAS

Iván Ferreiro e Delaporte abrirán os concertos das festas da Ascensión

07/05/2018

Do mércores 9 ao domingo 13 de maio, Santiago celebra as súas festas municipais. En 2018, a praza da Quintana volverá ser un dos principais escenarios dos concertos incluídos no programa da Ascensión, que este ano encetarán Iván Ferreiro e Delaporte. Trátase dun novo concerto dos xurdidos baixo o paraugas de Los40 Stage, e contará tamén coa presenza e a música do DJ e locutor Óscar Martínez. A entrada é de balde ata completar aforo.

Ler máis

CONSORCIO E ACCIÓN CULTURAL

A Real Filharmonía de Galicia e a Banda Municipal de Música ofrecen este venres un concerto conxunto gratuíto na praza da Quintana, no marco das festas da Ascensión

07/05/2018

A Real Filharmonía de Galicia e a Banda Municipal de Música de Santiago van ofrecer un concerto conxunto este venres na praza da Quintana, no marco das festas da Ascensión. A actuación, que será gratuíta, servirá para conmemorar o 170º aniversario da Banda. Comezará ás 20:30 horas e, en caso de choiva, trasladarase ao Auditorio de Galicia. Dirixirán o conxunto Maximino Zumalave, director asociado da RFG e Casiano Mouriño, director da Banda. Para asistir a este concerto será necesario retirar...

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Escola Municipal de Música celebra o seu Festival de Música e Movemento

07/05/2018

Este martes 8 e o mércores 9 de maio, ás 18:30 horas, o Auditorio Abanca acollerá o Festival de Música e Movemento que tradicionalmente organiza o Departamento de Música e Movemento da Escola Municipal de Música. Este evento ten por finalidade dar a coñecer o traballo desenvolvido ao longo destes meses na Escola. Participarán máis de 185 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos, acompañados/as do profesorado da EMM e das súas familias.

Ler máis
Compartir: