POLÍTICAS SOCIAIS E DIVERSIDADE

A Alameda, escenario este domingo da cuarta edición do Festival Intercultural

07/09/2018

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou esta mañá, acompañada do presidente da Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández, e de Nidia Aquino, do Colectivo Paraguay, a cuarta edición do Festival Intercultural, que se celebrará este domingo na Alameda.

Ler máis

TURISMO

A Galería Sargadelos acolle a mostra "O Camiño Urbano, a natureza no km cero"

07/09/2018

A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a comisaria do proxecto, Gemma Sesar, inauguraron a exposición O Camiño Urbano, a natureza no km cero", que se pode ver na Galería Sargadelos ata o 15 de outubro. A exposición é resultado do traballo de catro ilustradoras que estiveron en Santiago do 30 de maio ao 3 de xuño debuxando os parques, xardíns e contornas naturais das entradas do Camiño de Santiago na cidade.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Visitas guiadas e conferencias para redescubrir Santiago de Compostela na Semana do Patrimonio Invisible

07/09/2018

A Concellaría de Acción Cultural impulsa a celebración da Semana do Patrimonio Invisible, unha iniciativa que nos permitirá "redescubrir Santiago a través das visitas guiadas a sete espazos que non forman parte dos circuítos habituais". As actividades serán dende o xoves 13 ata o martes 18 de setembro. O día 15, Santiago celebrará a Noite do Patrimonio, unha iniciativa conxunta do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade para conmemorar o seu 25 aniversario e máis o Ano Europeo do Patrimonio Cultural.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobadas as bases das subvencións para a mobilización de vivenda baleira en alugueiro

07/09/2018

A Xunta de Goberno aprobou hoxe as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a mobilización de vivendas en alugueiro. Trátase dunha liña de axudas que teñen un dobre obxectivo: "facilitar o acceso a unha vivenda digna a aquelas persoas que teñen necesidade, e poñer en valor a cidade construída, evitando a proliferación de vivendas baleiras ou destinadas de xeito irregular ao uso turístico".

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde compostelán solicita unha reunión co presidente da Xunta para repasar cuestións pendentes na cidade

07/09/2018

O alcalde vén de remitirlle unha carta ao presidente da Xunta para solicitarlle a celebración dunha xuntanza "na que facer balance da relación institucional entre Concello de Santiago e Goberno galego, e na que repasar os asuntos que lle afectan á Compostela e que son competencia autonómica". Martiño Noriega lembrou que o seu último encontro con Alberto Núñez Feijóo foi en marzo de 2017, "ao pouco de iniciarse a lexislatura galega, e cremos que toca analizar as cuestións pendentes e aquelas nas que se...

Ler máis
Compartir: