SEGURIDADE E MOBILIDADE

Comezaron as restricións ao tráfico no periférico con motivo da execución da fase 1 das obras do enlace de Conxo

19/01/2015

O concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete, supervisou o inicio das restricións de tráfico con motivo das obras do paso inferior de Conxo. Redúcese o número de carrís a 2 a 1 na calzada sentido Pontevedra, na contorna da glorieta de Conxo, e prohibirase o xiro á esquerda na rotonda ao tráfico sentido Pontevedra, así como o acceso dende a rúa Sánchez Freire e avenida de Ferrol á glorieta. Prégase aos vehículos que circulen pola SC-20 (periférico) en sentido...

Ler máis

FESTAS

O desfile-concurso do Antroido 2015 repartirá 16.000 euros en premios

19/01/2015

A concelleira de Cultura, María Antón, presentou en rolda de prensa as bases do desfile-concurso do Antroido 2015, que terá lugar o martes 17 de febreiro. Ata o día anterior, luns 16 de febreiro, estará aberto o prazo de inscrición nun certame que repartirá 16.000 euros, case 4.000 euros máis que na edición de 2014.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobado o expediente de contratación do servizo de mantemento do sistema semafórico da cidade e do túnel do Hórreo

19/01/2015

A Xunta de Goberno extraordinaria celebrada este 19 de xaneiro aprobou o expediente para a contratación do servizo de conservación e mantemento das instalacións do sistema de control de tráfico e do túnel do Hórreo. O procedemento de adxudicación será aberto e contempla a prestación do servizo por un prazo de dous anos, con posibilidade de prórroga por outros dous exercicios, establecendo un importe de licitación de 575.516 euros/ano.

Ler máis

CULTURA

"Anne Sullivan e Helen Keller (A loita pola inclusión social)", de Roberto Cordovani, no Bono de Teatro Galego (e Portugués)

19/01/2015

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Roberto Cordovani, director da CIA Internacional de Teatro de Repertório Arte Livre, presentaron a estrea en España de Anne Sullivan e Helen Keller (A loita pola inclusión social), que se enmarca dentro da programación do Bono de Teatro Galego (e Portugués). Haberá dúas funcións da obra este martes 20 e o mércores 21 de xaneiro, ambas ás 20:30 horas e no Teatro Principal. Ademais de enmarcarse no Bono poden adquirirse tamén...

Ler máis
Compartir: