EMPREGO

Reyes Leis clausurou as Xornadas galegas sobre empresas de inserción laboral

09/09/2014

A concelleira de Emprego, Reyes Leis, clausurou no edificio Cersia as Xornadas Galegas sobre Empresas de Inserción Laboral, organizadas pola Plataforma polo Emprego como membro da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA).

A concelleira de Economía, Reyes Leis, clausurou hoxe no Edificio CERSIA as Xornadas Galegas sobre Empresas de Inserción Laboral, onde tivo a oportunidade de destacar a importancia que ten a actuación deste tipo de empresas no tecido empresaria galego para a integración das persoas máis...

Ler máis

ALCALDÍA

O CEIP Monte dos Postes cubrirá as súas necesidades actuais con catro novas aulas

09/09/2014

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, e o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, visitaron o CEIP Monte dos Postes con motivo do inicio do curso escolar. Neste centro e cara o curso 2015-2016, o Departamento autonómico vai acometer a construción de catro novas aulas e a instalación dun elevador, cun investimento de máis de 300.000 euros.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Comeza o Curso de Literatura Práctica

09/09/2014

O vindeiro sábado, 13 de setembro, comezará ás 11:30 horas, na aula de didáctica do Museo-Fundación Eugenio Granell, unha nova edición dos obradoiros de escrita creativa que vén organizando cada outono a Concellería de Normalización Lingüística coa colaboración da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.

Ler máis

TURISMO

As conexións internacionais de Lavacolla xa superan os 300.000 pasaxeiros no ano 2014

09/09/2014

O aeroporto de Santiago vai camiño non só de superar o seu récord histórico de pasaxeiros nas súas conexións internacionais regulares, que se alcanzou o ano pasado con 350.579, senón tamén de superar por primeira vez na súa historia os 400.000 pasaxeiros nestas conexións e conseguir así o obxectivo marcado polo Concello para este ano. Nos oito primeiros meses do ano, as conexións internacionais do aeroporto de Santiago xa sumaron 310.806 pasaxeiros, 75.606 pasaxeiros máis que no mesmo período do...

Ler máis

CULTURA

"Atlas de geografía humana", de Almudena Grandes, dentro do ciclo Teatro & Danza

09/09/2014

O Centro Dramático Nacional e A priori Producciones traen ao Teatro Principal Atlas de geografía humana, de Almudena Grandes, obra teatral protagonizada por Ana Labordeta, Ana Otero, Arantxa Aranguren e Rosa Savoini. Dentro do ciclo Teatro & Danza e dirixida por Juanfra Rodríguez, poderemos vela o domingo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas están xa á venta a un prezo de 18 euros (16 € no anfiteatro) no despacho de billetes do propio Principal, aberto de 18.00 a 21.00h, e en ABANCA (web e teléfono).

Ler máis

TURISMO

O alcalde de Santiago presenta en Madrid Compostela Gastronómica cunha demostración de cociña galega

09/09/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, encabezará a presentación de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, que terá lugar este mércores en Madrid na Escuela Entre Fogones, centro formativo da Federación de Cociñeiros e Reposteiros de España. O obxectivo é promocionar a gastronomía galega e en particular o novo evento culinario de Santiago aos xornalistas madrileños especializados en gastronomía.

Ler máis
Compartir: