XUNTA DE GOBERNO

O Concello mantén os prezos dos servizos de comedor e de madrugadores

05/09/2014

Os prezos dos servizos de comedor e de madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello para este curso 2014-2015 serán os mesmos que os do curso pasado. Así o acordou a Xunta de Goberno, que tamén deu o visto bo ás normas xerais de uso deste servizo para o ano académico a piques de comezar.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde asistiu á sinatura do convenio entre Fomento e Xunta que pon en marcha en Galicia o Plan estatal de vivenda

05/09/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu ao acto de sinatura do convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do Plan Estatal de Fomento do Aluguer de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria e a Rexeneración e Renovación Urbanas 2013-2016 por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a ministra de Fomento, Ana Pastor.

Ler máis
Compartir: