ALCALDÍA

Agustín Hernández agracede ao Banco de Alimentos o seu gran labor solidario

24/09/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu na praza do Obradoiro á entrega dun vehículo con mercadoría por parte da Fundación Carrefour ao Banco de Alimentos de Santiago. Esta entrega benéfica é froito da campaña "Kilómetro solidario", posta en marcha polo centro comercial coincidindo coa chegada á cidade da Volta Ciclista a España.

Ler máis

XUVENTUDE

Xuventude programa 20 actividades formativas para o último trimestre do ano

24/09/2014

A Concellería de Xuventude pon a disposición dos mozos e mozas da cidade unha serie de actividades formativas para atender os seus intereses e motivacións. A titular do Departamento, María José Corral, acompañada pola técnica municipal Noela Vilas, presentou en rolda de prensa o calendario, que abrangue ata 20 accións no último trimestre do ano.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde destaca que a débeda municipal se situou neste exercicio en "mínimos históricos"

24/09/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, deu conta en rolda de prensa dos asuntos a tratar no Pleno ordinario de mañá xoves, entre os que destacou a aprobación definitiva da conta xeral do ano 2013. Os indicadores da mesma, dixo, "constatan que estamos avanzando na redución da débeda e na mellora da solvencia das contas do Concello". De feito, apuntou que, en agosto de 2014, a débeda se atopa en "mínimos históricos".

Ler máis

CULTURA

O ciclo Blues Nite by 1906 trae a Santiago de Compostela a Pardo, Nikki Hill, Guitar Crusher e Moreland & Arbuckle

24/09/2014

A concelleira de Cultura, María Antón, o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e o Brand Manager de 1906, Juan Paz, presentaron esta mañá o programa do ciclo Blues Nite by 1906. Este ciclo viña xa funcionando na programación cultural da cidade pero agora conta coa colaboración de 1906 polo que modifica a súa denominación. No programa para este trimestre temos ao galego Pardo esta mesma noite e despois poderemos escoitar a tres figuras internacionais de recoñecido prestixio: Nikki Hill en...

Ler máis

CULTURA

Goyo Jiménez presenta "Evoluzión" no Teatro Principal dentro do ciclo Falabaratos

24/09/2014

O humorista Goyo Jiménez presenta o seu novo espectáculo, Evoluzión, na nosa cidade dentro do ciclo Falabaratos que organiza o Concello de Santiago. Será en dúas funcións, este xoves e o venres, ás 21:00 e 20:00 horas, respectivamente, no Teatro Principal. Despois del, o programa para este 2014 complétase con Uri Sabat & Daniela Blume con No cambies nunca: solo esta vez; Faemino e Cansado, que presentan ¡Como en casa ni hablar!; e Leo Harlem+Sergio Olalla con #trendingtronching.

Ler máis

CULTURA

Izal, a revelación do pop indie español, en Santiago da man do ciclo Compostela Rock

24/09/2014

Imprescindibles no pop español de 2014, a banda Izal presenta en Santiago Agujeros de gusano, o seu segundo álbum, que colleitou numerosos éxitos de crítica e público. Será este xoves 25, a partir das 21:00 horas, na Sala Capitol e dentro de Compostela Rock, ciclo organizado polo Concello de Santiago. As entradas, a 17 euros anticipada e 20 o día do concerto, poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 h), en Ticketea, A Reixa Tenda e salacapitol.com.

Ler máis
Compartir: