TURISMO

WOMEX converterá Santiago na capital musical de Europa do 22 ao 26 de outubro

29/07/2014

Presentouse na Cidade da Cultura a programación da vixésima edición de WOMEX, a maior feira mundial das músicas do mundo, que se celebrará en Santiago de Compostela do 22 ao 26 de outubro. A concelleira de Economía e Turismo, Reyes Leis, participou na rolda de prensa, na que tamén estiveron Jesús Vázquez, conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria; Beatriz González Loroño, directora xerente da Cidade da Cultura; e Antonio Martínez, de Nordesía Producións, empresa...

Ler máis

EDUCACIÓN E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Uns 400 nenos e nenas de varios campamentos urbanos asistiron a unha exhibición de unidades policiais na Alameda

29/07/2014

A concelleira de Servizos Sociais e Educación, María José Corral, asistiu á exhibición de unidades da Policía Nacional para os preto de 90 nenos que participan no programa municipal de conciliación Mañás de verán, organizado polo Departamento de Centros Socioculturais nos locais de Vite, Santa Marta e Fontiñas. A estes sumáronse outros 180 rapaces do campamento urbano do Instituto Rosalía de Castro e 130 do Centro Don Bosco.

Ler máis

CULTURA

Dezaoito espectáculos para pasar as tardes de agosto con Verán na Rúa

29/07/2014

A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron o programa Verán na Rúa que se celebra dende o 30 de xullo ata o 29 de agosto. Trátase dunha programación que encherá de música, teatro e circo espazos habituais para os composteláns, e emblemáticos para todos os que nos visitan, como son as prazas de San Martiño Pinario e Praterías e o parque da Alameda. Unha variada oferta dirixida a todo o público que só se...

Ler máis

FESTAS

Concertos da RFG, da Banda Municipal de Música e de Tinariwen + Narf Trío na xornada do mércores das Festas do Apóstolo

29/07/2014

As Festas do Apóstolo traen na súa programación para a xornada do mércores 30 tres propostas musicais. Comezamos ás 19:30 horas na praza de San Martiño Pinario cun concerto familiar dirixido a todos os públicos no que a Banda Municipal de Música, acompañada dos Fantoches Baj, presentan As pombas de Carboeiro. Ás 21:00 horas teremos un concerto da Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia e pechamos a xornada ás 22:00 horas na praza da Quintana con Tinariwen e Narf Trío en concerto.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia estrea dúas obras de Toshio Hosokawa, considerado o mellor compositor xaponés

29/07/2014

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) participa no encontro internacional de creación musical son(UT)opías, que organiza a Universidade de Santiago e que nesta edición aborda a relación entre a cultura occidental e a xaponesa. No marco desta iniciativa, este mércores 29 de xullo, celebrarase un concerto da RFG no Auditorio de Galicia, que comezará ás 21:00 horas e dirixirá o mestre titular da orquestra, Paul Daniel. A entrada é libre ata completar aforo.

Ler máis
Compartir: