TURISMO

A Xunta concede ao Concello o obradoiro de emprego "Ecotur Santiago"

03/06/2014

A Concellería de Emprego organiza un novo obradoiro baixo a denominación de "Ecotur Santiago" que permitirá a contratación de 23 persoas durante un periodo de 6 meses, que se formarán en tres especialidades laborais: Promoción Turística Local e Información ao Visitante, Confección e Publicación de Páxinas Web e Operacións Auxiliares de Revistimentos Continuos de Construcción. O obradoiro concédeo a Dirección Xeral de Emprego e Formación.

Ler máis

CULTURA

A 3ª edición da Romaría Pop celébrase o sábado 14 de xuño

03/06/2014

A Romaría Pop volta coa súa terceira edición o vindeiro 14 de xuño no parque de Belvís de Santiago de Compostela. O evento, organizado por Desconcierto Cultural en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, é xa unha referencia no calendario de festivais galegos pola súa aposta como espazo de convivencia e encontro para todo tipo de público, coa música feita en Galicia coma eixe vertebrador. Foi presentado esta mañá polo director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e...

Ler máis
Compartir: